Con despedimentos non é posible negociar o Convenio

Ao longo deste mes de marzo, os compañeiros e compañeiras da empresa Atento de A Coruña veñen mantendo unha exemplar loita en defensa dos seus postos de traballo, despois de que esta filial do Grupo Telefónica despedira a 179 persoas. O pasado 23 de febreiro máis de 5.000 persoas asistiron á manifestación convocada en A Coruña para solicitar a readmisión do persoal despedido e contra a deslocalización do sector, na maior mobilización da historia do Telemárketing en Galiza.

Ante a celebración da reunión do Convenio de Telemárketing prevista para o día 28 de marzo, o Comité de Empresa de Atento –integrado por CIG, CGT, CCOO e UGT– aprobou por unanimidade solicitar a todos os sindicatos presentes na Mesa negociadora a paralización da negociación, en tanto non foran readmitidas as persoas afectadas polos despedimentos en todo o Estado.

Ante a petición do Comité de Empresa de Atento, a CIG non asistiu á Mesa

Dende a CIG apoiamos a proposta do Comité de Empresa de Atento, postura que anunciamos á patronal e ao resto da representación sindical. Entendemos que con máis de 800 despedimentos colectivos no sector nos últimos quince días, a patronal pretende chantaxear á representación sindical e ao persoal para que aceptemos rebaixar as xa precarias condicións laborais do Convenio.

O resto dos sindicatos asistiron á Mesa sen atender a petición do Comité de Empresa de Atento e tiveron que escoitar á patronal rexeitar as diferentes Plataformas sindicais alegando que ante a deslocalización só cabe unha rebaixa de custes para manter o emprego, o que nos reafirma na nosa posición.

As empresas de Telemárketing deslocalizan cara América Latina, países nos que os teleoperadores e teleoperadoras cobran un terzo do noso salario. Está claro que non podemos competir fronte á deslocalización permitindo que empeoren as nosas condicións laborais: aquí non podemos vivir cobrando 200 euros ao mes.

O ano pasado 700 persoas perderon o seu posto de traballo en Galiza pola deslocalización da operadora Jazztel; hoxe 2.000 postos máis están en perigo no sector de Telemárketing en Galiza debido a deslocalización do Grupo Telefónica.

Ou freamos esta tendencia coa mobilización e a loita de todo o sector, na procura dun Convenio que garanta os postos de traballo, ou máis cedo que tarde, deslocalizar será unha clara opción para o resto das operadoras de telefonía que teñen contratas de Telemárketing en Galiza.

Galiza, 30 de marzo de 2007.

Benvidos o Blog da CIG en BOSCH

Queremos darvos a benvida a todos o novo blog da sección Sindical da CIG en BOSCH.

 

A través deste blog manterémosvos informados de todo o que aconteza na empresa asi como de noticias relevantes do sector.

 

Para transmitirnos as vosas peticións podedes porvos en contacto con nos a través da conta de correo: cigbosch@gmail.com

 

De paso aproveitamos para presentarnos para os que non nos coñezan:

 

Laura Pérez Figueroa

Alfonso Otero Rodríguez

 

Dentro de pouco colgamos unhas fotos

 

 

Acerca de cigbosch

Benvidos o blog da Sección Sindical da CIG en BOSCH

Archivo

Suscríbete

RSS | Atom

Contacto

Contactar

Albergado en:blogspot.es

Noticias: Noticias

Un servicio de HispaVista